CONVENIO PRÁCTICAS FORMATIVAS ENXEÑEIROS TÉCNICOS INDUSTRIAIS

Convenio entre a Fegamp e o Consello Galego de Enxeñeiros Técnicos Industriais que permitirá aos titulados nesa materia, nomeadamente, aos que veñen de saír da Universidade e aos desempregados, realizar prácticas remuneradas nos concellos que se adhíran a el. Os enxeñeiros técnicos industriais están especialmente capacitados para realizar nos municipios traballos vinculados á eficiencia enerxética, alumeado público e de instalacións municipais, mantemento de depuradoras, etcétera.

Este convenio é unha boa ocasión para os concellos e deputacións que desexen contar con profesionais altamente cualificados, máis tamén unha porta aberta para os enxeñeiros técnicos industriais recén egresados ou en situación de desemprego.

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon Texto do convenio872.36 KB
Microsoft Office document icon Anexo I - Modelo de adhesión92.5 KB
Microsoft Office document icon Anexo II103.5 KB
Microsoft Office document icon Anexo III97.5 KB
Microsoft Office document icon Anexo IV85.5 KB