CONVENIO PRÁCTICAS FORMATIVAS ENXEÑEIROS CAMIÑOS, CANAIS E PORTOS

O convenio marco entre a Fegamp e o Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia, permitirá aos concellos galegos dispoñer de técnicos de gran preparación, de xeito individual, ou en agrupacións. O convenio é o colofón dunha moi longa e produtiva colaboración, que dende o ano 2007 plasmouse na organización polo Colexio do 'Curso Superior de Formación do Técnico na Administración Local', agora integrado no Plan de Formación da Escola Galega de Administración Pública (Egap).   

A percepción que nestes momentos temos tanto na Fegamp como no Colexio de Enxeñeiros de Camiños de Galicia é que a presenza de enxeñeiros na administración local é minoritaria, e non se corresponde cos servizos que eses profesionais poden prestar a concellos e deputacións: pola súa formación multidisciplinar, son técnicos superiores especializado no proxecto, construción, explotación e conservación das obras públicas, así coma na xestión na administración. Ten competencias plenas na redacción do planeamento urbanístico, na xestión, na disciplina urbanística e na redacción de proxecto de urbanización; e son, xunto aos arquitectos superiores, os dous únicos técnicos competentes neste momento en España.  

Dentro dos traballos típicos que pode realizar un enxeñeiro de Camiños, propios das súas competencias, están os saneamentos, abastecemento, urbanizacións, paseos marítimos ou fluviais, parques e xardíns, naves, transporte, tráfico, aparcadoiro, xestión de residuos, obras na costa, portos, estradas, ferrocarrís, enerxía, pontes e pasarelas, etcétera.   

Nun concello, o enxeñeiros de Camiños é un técnico capaz de tramitar licenzas, proxectar, dirixir e recibir urbanizacións, parques e vías públicas, proxectar, dirixir e explotar as redes de saneamento e abastecemento e as súas depuradoras, realizar estudos de eficiencia enerxética nas instalación municipais, proxectar e autorizar accesos a fincas, realizar taxacións, valoracións e expropiacións, estudos de tráfico, construción de aparcadoiros subterráneos ou en superficie, estudos de concesións, recollidas de lixo, vertedoiros de residuos e lixo, cálculo de naves, estruturas e muros, peritacións, eficiencia enerxética, informes de todo tipo...   

Son os únicos técnicos con atribucións profesionais na planificación e o proxecto das estradas interurbanas, ou na reforma de estradas ou vías públicas urbanas aptas para a circulación dos automóbiles. O mesmo acontece cos proxectos de pontes, urbanos ou non, ou coa planificación e a xestión de obras e instalacións portuarias ou marítimas. No caso das augas, calquera proxecto de concesión de augas, verteduras, de abastecemento de auga, saneamento ou depuración, debe conter a sinatura dun enxeñeiro de Camiños. Igualmente afecta directamente á sinatura do enxeñeiro de Camiños en todos os temas relacionados co tráfico, o transporte público, ou a protección do medio.    

Ademais, o enxeñeiro de Camiños municipal pode relacionarse, dun xeito doado, con técnicos das outras administracións, como as confederación hidrográficas, a Axencia de Infraestruturas, Augas de Galicia, Costas do Estado, Carreteras do Estado, ADIF, APPLU, Xestur, etc., para a defensa dos intereses do concello. 

Este convenio é unha grande oportunidade de mellorar os servizos que prestan os concellos galegos, á vez que servirá para loitar contra a eiva do paro e 'fixar' na comunidade aos profesionais mellor preparados.

Contacto: Francisco Rosado – secretario do Colexio - 981 248 355.

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon Texto do convenio2.98 MB
Microsoft Office document icon Anexo I - Modelo de adhesión73 KB
Microsoft Office document icon Anexo II45.5 KB
Microsoft Office document icon Anexo III71 KB
Microsoft Office document icon Anexo IV45.5 KB