CONVENIO PRÁCTICAS FORMATIVAS ALUMNOS USC

O convenio entre a Fegamp e a Universidade de Santiago de Compostela permitirá a realización de prácticas en entidades locais aos alumnos para complementar a formación recibida nas aulas. 
O obxecto do convenio é abrir as portas á preparación dos estudantes na área do municipalismo galego, e facilitarlles a consecución dos créditos que necesitan para poder rematar os seus estudos.A novidade deste convenio marco é que non se cingue exclusivamente a unha ou outra facultade, senón que abarca á totalidade de titulacións de grao e algunhas de posgrao da USC. 
Os concellos interesados deben remitir á Fegamp o oficio de adhesión (Anexo I).

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon Texto do convenio342.2 KB
Microsoft Office document icon Modelo de adhesión29 KB
PDF icon Anexo II - Titulacions93.46 KB
PDF icon Addenda convenio104.34 KB