Convenio para crear e mellorar os rexistros municipais de animais de compañía e potencialmente perigosos

Data: 

mércores, 22 Abril, 2015 (Todo o día)
O presidente da Fegamp e o presidente do Consello Galego de Colexios Veterinarios asinan o convenio marco de colaboración

A Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) asinou o pasado 22 de abril un convenio co Consello Galego de Colexios Veterinarios un convenio marco de colaboración para a creación, implantación e mellora dos rexistros municipais de animais de compañía e potencialmente perigosos. O acordo servirá para facilitar o cumprimento da lexislación vixente, tanto por parte dos cidadáns, que están obrigados a censar ás súas mascotas, como por parte dos concellos, que deben contar cun rexistro que distinga entre os animais de compañía e os potecialmente perigosos.

Os concellos interesados en adherirse a este convenio deberán suscribir o anexo do convenio e satisfacer os 250 euros anuais de custo de mantemento do rexistro, que elaborará o Consello Galego de Colexios Veterinarios en colaboración coa Fegamp. As duas entidades se encargarán de difundir e promover a necesidade de inscribir aos animais nos rexistros por razóns hixiénico-sanitarias, de seguridade, localización e control e para a organización dos servizos que prestan os concellos.  

Os interesados poden descargarse o contido íntegro do convenio na área 'Documentación', sección 'Convenios', desta páxina web.