CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A XUNTA DE GALICIA E A FEGAMP PARA A INTEGRACIÓN DAS BIBLIOTECAS PÚBLICAS MUNICIPAlS NO CATÁLOGO COLECTIVO DA REDE DE BIBLIOTECAS PÚBLICAS DE GALICIA

Constitúe o obxecto deste convenio establecer o marco de colaboración entre as partes asinantes para a integración das bibliotecas e axencias de lectura pública municipal, no Catálogo colectivo da Rede de bibliotecas públicas de Galicia, así como o establecemento dos dereitos e das obrigas que, derivadas da dita integración, lles corresponden a cada unha das partes asinantes.

O Catálogo colectivo da Rede de bibliotecas públicas de Galicia é o instrumento que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e Amtega poñen a disposición das bibliotecas e axencias de lectura públicas galegas coa finalidade de mellorar os servizos que o conxunto destes centros ofrecen á cidadanía.

 

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon Texto do convenio1.78 MB
galer_a_fotos