Consello Federal da Fegamp

Data: 

mércores, 31 Xaneiro, 2018 - 12:30

A Fegamp celebra de novo Consello Federal ordinario, no que están a participar 40 alcaldes e alcaldesas galegos, tras o acordo tomado no mes de xuño de 2017 de celebrar dous consellos federais anuais. O compromiso estase a ratificar coa celebración deste consello a mes de xaneiro de 2018 no que se está a informar dos orzamentos para 2018 da Fegamp, e tamén de todas as novidades nas que se ten avanzado desde o pasado xuño como a consecución dunha bolsa de secretarios/as, interventores/as e tesoureiros/as para cubrir vacantes de habilitados nacionais, a unificación dos procesos de seleccion de policías na AGASP ou o convenio asinado para axilización dos trámites nas obras de bens patrimoniais mediante concesión de licenzas de forma municipal. Tamén se está a dar conta dos convenios asinados en diferentes materias e os rexedores están sendo informados dos pasos que se están dando por parte da federación en materias tan sensibles como o benestar animal, a prevención de incendios ou o reto da administración electrónica e a proteccion de datos.