CONGRESO INTERNACIONAL “LA PREVENCIÓN Y LA SEGURIDAD INDUSTRIAL 4.0”

Data: 

xoves, 23 Novembro, 2017 (Todo o día) a venres, 24 Novembro, 2017 (Todo o día)

O Consello Galego de Enxeñeiros Técnicos Industriais (CGETI) que agrupa aos Colexios Oficiais de Enxeñeiros Técnicos Industriais da Coruña, Lugo, Ourense e Vigo, en colaboración coa Asociación de Profesionais da Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (APROSAL), organiza o Congreso Internacional “La Prevención y la Seguridad Industrial 4.0”, que se celebrará nas dependencias do Club Financeiro Vigo os días 23 e 24 de novembro de 2017, e no que o Concello de Vigo é colaborador.

Este Congreso Internacional será un lugar de encontro para os distintos profesionais que desenvolven a súa actividade nos ámbitos da Prevención de Riscos Laborais e da Seguridade Industrial, e un foro para o debate dos factores normativos, técnicos e sociais que afectan a estas disciplinas na súa labor de servicio ás empresas e á sociedade en xeral.

Os ponentes invitados, todos eles profesionais relevantes de empresas, centros tecnolóxicos e administracións, abordarán os desafíos do novo paradigma da Industria 4.0 (implantación do traballo colaborativo hombre-robots, sistemas ciber-físicos, vehículos autónomos, conectividade total, etc.) para os profesionais que desenvolvan a súa labor nunhas industrias que están obrigadas a planificar e a implementar estos importantes cambios. Os debates que se susciten nas diferentes mesas de debate contribuirán a enriquecer o coñecemento sobre estas novas realidades, e a eliminar zonas de sombra nas mesmas que permitirán afrontar a súa implantación con criterios de eficiencia e seguridade no seu sentido máis amplio.

A inscrición poderá levar a cabo a través do seguinte formulario: https://www.seguridadcuatrocero.com/inscripcion

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon Programa do congreso1.05 MB
galer_a_fotos