A Comunidade islámica reúnese coa Fegamp e a Xunta para avanzar na construción de cemiterios musulmáns en Galicia

Data: 

mércores, 6 Xuño, 2018 (Todo o día)
Reunión entre o presidente da Fegamp e os representantes da comunidade islámica galega

O mércores 6 de maio tivo lugar unha xuntanza na que o presidente da Fegamp, Alfredo García, xunto coa directora Xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, e o deputado do Partido Popular Alberto Pazos, na que recibiron a varios representantes da comunidade islámica en Galicia. Entre os representantes musulmáns acudiu á reunión o presidente da Unión de Comunidades Islámicas de Galicia, Mustafá Alhendi Baluch, que expuxo “a problemática que supón para os máis de 30.000 musulmáns que hai en Galicia non contar con cemiterios para poder enterrar aos seus defuntos” e explicou que Galicia é unha das unicamente tres comunidades autónomas españolas que carece de cemiterios para enterrar aos defuntos de relixión musulmá. A Fegamp e a Xunta de Galicia comprometéronse a ver as posibilidades que existen tanto de tipo legal como técnico, para crear espazos de enterramento para musulmáns así como para o resto dos 6% dos habitantes de Galicia que profesan relixións minoritarias. De esta forma ademais, cumpriríase o acordo parlamentario aprobado no pasado ano polo Parlamento de Galicia que demandaba instar ao goberno autonómico a promover acordos entre as administracións para a creación destes espazos.