Comunicado da Federación Galega de Municipios e Provincias con motivo do Día das Letras Galegas 2015

Data: 

sábado, 16 Maio, 2015 (Todo o día)

Comunicado da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) con motivo do Día das Letras Galegas 2015. Lembra a figura do homenaxeado deste ano, o profesor Filgueira Valverde, e o compromiso permanente das entidades locais da nosa comunidade coa difusión do uso do galego. Rememora o salientable papel dos concellos galegos na extensión do emprego da nosa língua en todas as administracións públicas e refrenda o espírito da 'Declaración do Hostal', asinada en 1984 por 184 alcaldes, para reivindicar o galego.

O texto destaca que a Fegamp foi unhas das primeiras institucións galegas que empregou o dominio 'punto gal' nos seus correos electrónicos e na súa páxina web, escrita íntegramente en galego, ao igual que a súa publicación trimestral ('Concellos Galegos') e todos os comunicados, convenios, protocolos, acordos, etc.

A Federación aposta por traballar para lograr aumentar o número de galego-falantes, aproveitando as novas ferramentas que proporciona o desenvolvemento das novas tecnoloxías da información e da comunicación (Tic), pero percurando sempre unha convivencia armónica das línguas.  

Xuntamos o texto íntegro do comunicado. 

Descargas: