A Comisión Nacional de Administración Local fixa os obxectivos de débeda viva para os concellos ata 2018

Data: 

xoves, 16 Xullo, 2015 (Todo o día)
Montoro e De la Serna na reunión da Comisión Nacional de Administración Local

O pasado día 9 (xullo) reuníuse en Madrid a Comisión Nacional de Administración Local, encabezada polo presidente da Femp e alcalde de Santander, Íñigo de la Serna, e polo ministro de Facenda, Cristóbal Montoro. No encontro estableceuse por unanimidade que a débeda viva (financeira) dos concellos debe quedar reducida ao 3,4% do PIB ao remate do ano 2016; ao 3,2%, no 2017; e ao 3,1% cando finalice 2018. Segundo De la Serna, son obxectivos 'que poden acadarse, e mesmo superarse, se se ten en conta a tendencia descendente deste valor nos últimos exercicios e o feito de que o 40% dos municipios non ten na actualidade débeda dese tipo'.

Na reunión da Comisión o ministro Montoro adiantou unha posible elevación do teito de gasto para a administración local, o que a Femp considera unha boa nova, malia que desde esa Federación insisten en dotar a esa variable de maior flexibilidade. O presidente da Femp valora de xeito moi positivo, ademais, o posible incremento da Participación nos Ingresos do Estado (PIE) nos próximos Orzamentos Xerais do Estado (un 2,9% máis sobre a de 2015).

Xuntamos nota de prensa da Femp sobre os resultados desa reunión da Comisión Nacional de Administración Local.

Descargas: