CARTA DA FEGAMP SOBRE O 'SISTEMA CLAVE' PARA O ACCESO DOS CIDADÁNS AOS SEUS PROPIOS DATOS NA ADMINISTRACIÓN

Data: 

xoves, 7 Maio, 2015 (Todo o día)

A Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) enviou unha carta informando ás entidades locais asociadas sobre o “Sistema Clave”, unha ferramenta de autenticación, que permite ás persoas físicas (aos veciños) acceder telemáticamente aos seus propios datos en determinadas institucións da Administración Pública do Estado (AEAT, INSS, SS, DGT...) mediante un nome de usuario e un contrasinal.

Adxuntamos texto íntegro da carta, información xeral sobre o 'Sistema Clave', un listado de servizos disponibles na Seguridade Social dentro dese sistema e un cadro de inscripción para solicitar o contrasinal para os cidadáns.

Os teléfonos e as persoas de contacto para consultar dúbidas sobre este programa nas catro provincias galegas son:

Concepción Nieto Roig - A Coruña - 881 909 032

Trinidad Crespo Rodríguez - Lugo - 982 293 332

Mª Teresa Vázquez Silva - Ourense - 988 521 244

Mª Dolores López Cabaleiro - Vigo (Pontevedra) - 986 811 516

Descargas: