CANCELADA - SUBVENCIÓNS A CONCELLOS PARA O APOIO, PROMOCIÓN E DIFUSIÓN DAS FESTAS DECLARADAS DE INTERESE TURÍSTICO DE GALICIA.

Data: 

martes, 17 Decembro, 2019 (Todo o día) a xoves, 16 Xaneiro, 2020 (Todo o día)

 

Axencia Turismo de Galicia 

Resolución do 3 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións a concellos para o apoio, promoción e difusión das festas declaradas de interese turístico de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento TU500A). BDNS (Identif.): 485498.

Obxecto e réxime

Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases que se inclúen como anexo I polas que se rexerá a concesión das subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas aos concellos galegos para o apoio, promoción e difusión das festas declaradas de interese turístico de Galicia, así como efectuar a súa convocatoria para o ano 2020 (TU500A).

Entidades beneficiarias

Poderán ser beneficiarios das subvencións, sen prexuízo de reuniren os requisitos establecidos nestas bases, os concellos da Comunidade Autónoma de Galicia en que se celebren durante o ano 2020 festas declaradas de interese turístico de Galicia incluídas no obxecto desta convocatoria.

Así mesmo, poderán ser beneficiarias destas subvenciones as agrupacións que, no tendo personalidade xurídica, estean integradas por municipios en que se celebren festas declaradas de interese turístico de Galicia que reúnan os requisitos establecidos no parágrafo anterior, de conformidade co disposto no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Importe

As subvencións relativas ao apoio, promoción e difusión de festas declaradas de interese turístico de Galicia imputaranse á aplicación orzamentaria 11 A2 761A 760.1, proxecto 2017 00005, cun crédito de 306.000 €, sen prexuízo de ulteriores variacións producidas como consecuencia da existencia dunha maior dispoñibilidade orzamentaria, de conformidade co disposto nos artigos 31 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e 30 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento, o que poderá dar lugar á concesión de máis subvencións, de acordo coa orde de incoación.

Prazo

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

Descargas: