Campaña Polo Bo Trato

Data: 

venres, 13 Novembro, 2020 (Todo o día)
Polo Bo Trato violencia machista fegamp

A Federación Galega de Municipios e Provincias pon en marcha a tradicional campaña #PoloBoTrato con motivo do Día Internacional da eliminación da Violencia contra as Mulleres o vindeiro mércores 25 de novembro.

A Fegamp presentará os resultados do primeiro estudio “Acción dos concellos galegos pola igualdade . Esta investigación recolle datos de todos os Centros de Información á Muller que forman a rede de asistencia municipal en Galicia e axudará a coñecer con maior profundidade este problema de difícil visibilidade social.

A enfermeira e actriz galega, Nerea Barros, gañadora dun Goya e protagonista de “La isla de las mentiras”, moderará a Xornada Fegamp “Plans de Acción Local sobre Violencia de Xénero”, unha charla-coloquio que abordará a realidade das vítimas en medio das medidas pola pandemia da COVID19, a situación dos CIMs na nosa comunidade e as políticas e novos programas de prevención, concienciación e asistencia. Este acto de carácter formativo por inscrición estará aberto a través das redes sociais da Fegamp a todo o público que poderá participar no debate final. Contará coa intervención de María Debén Alfonso, Coordinadora de Igualdade e de Violencia de Xénero da Delegación do Goberno en Galicia, Luisa Feijóo Montero, Concelleira de Ames, representante da FEGAMP no Observatorio Galego de Violencia de Xénero e membro da Comisión de Coeducación do Consello Galego das Mulleres, María Jesús Lourido Vidal,  vicepresidenta de ASOCIM e directora do CIM de Outes, e Rosa Fontaíña Pazos, Fundadora da Asociación Coordinadora-Voceira Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos de Vigo.

Ademais do manifesto da Fegamp, as accións de concienciación inclúen:

- material de fomento pola igualdade no ámbito institucional

- material divulgativo contra o maltrato dirixido á cidadanía

- chamamento á iluminación morada dos edificios municipais do 23 ao 29 de novembro

- publicación nas redes sociais de frases célebres e decálogo pola igualdade

- difusión de iniciativas locais

- entrevista á presidenta de ASOCIM na revista da Fegamp Concellos Galegos

 

 

CRONOLOXÍA

ACCIÓN

13 novembro

Difusión material concienciación

23 novembro

Xornada Fegamp #PoloBoTrato na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela (enviarase convocatoria)

25 novembro

Divulgación Manifesto Fegamp #concellosgalegos #PoloBoTrato (enviarase documento)

Presentación do I Estudio Acción dos concellos galegos pola igualdade(enviarase nota de prensa)

23-29 novembro

Chamamento á iluminación morada dos edificios municipais (rrss)

16-29 novembro

Divulgación frases célebres e decálogo Fegamp pola igualdade (en rrss)

27 novembro

Publicación revista Concellos Galegos

 

Descargas: