CAMPAÑA DE VACINACIÓN DA GRIPE 2020

Data: 

martes, 13 Outubro, 2020 (Todo o día) a xoves, 31 Decembro, 2020 (Todo o día)
BANNER CAMPAÑA VACINACIÓN GRIPE 2020

A Consellería de Sanidade informa que o 13 de outubro dará comezo a campaña de vacinación da gripe deste ano 2020, e que se prolongará ata o 31 de decembro, co obxectivo de mellorar a saúde dos galegos, reducindo a incidencia da gripe e a súa diminución das súas complicacións secundarias. Esta campaña cobra especial relevancia este ano no contexto da pandemia pola COVID-19 que estamos a padecer.

O ano anterior a campaña tivo moi boa acollida, utilizando os concellos tanto os autobuses urbanos como os Mupis para a divulgación da mesma. Contactarase cun maior número de concellos que en campañas anteriores para esta colaboración en concreto, pero en calquera caso, se algún concello quere colaborar con estas iniciativas ou con calquera outra pode comunicalo na dirección de correo vacinas@sergas.es  

Informamos tamén que a Consellería de Sanidade ten un portal de información para a sociedade: https://gripe.sergas.gal/ 

Poñen a disposición dos concellos o cartel central da campaña que pode descargar a continuación para publicar nas súas páxinas web e comunican que nos próximos días os concellos recibirán material divulgativo.  

Descargas: