CAMPAÑA 2019 - OS CONCELLOS GALEGOS #PoloBoTrato

Data: 

luns, 25 Novembro, 2019 (Todo o día)
Cartel da campaña Polo Bo Trato Fegamp COPG 2019

Campaña realizada con motivo do Día Internacional para a Eliminación da violencia contra a Muller que se celebra o 25 de Novembro coa que queremos ofrecer de novo unha visión positiva e construtiva da relación de entendemento e comprensión que pode e debe ser posible entre os dous sexos

Campaña #PoloBoTrato en colaboración co Colexio oficial de Psicoloxía de Galicia por cuarto ano consecutivo, buscando unha forma de informar en positivo á cidadanía e apostar pola igualdade real.

Cartel/Ilustración realizado pola ilustradora Laura Gómez de De-cibreiro, e gabámonos de que sexa unha muller á artífice xa que ademais é para ilustrar un tema que aínda que é cousa de todos e todas, é para protexelas a elas das inxustizas sexistas.

Pretendemos que os concellos se comprometan a levar á práctica o decálogo de premisas que difundimos na campaña a través do que se pode avanzar moito en temas de igualdade.

A continuación podes descargar en pdf o cartel da campaña xenérico ou personalizable para todos os concellos de Galicia, ademais das cabeceiras para as redes sociais. 

Descargas: