BASES E CONVOCATORIA PARA A SELECCIÓN DE ESTRATEXIAS DE DESENVOLVEMENTO URBANO SUSTENTABLE E INTEGRADO, COFINANCIADAS MEDIANTE O PROGRAMA OPERATIVO FEDER DE CRECEMENTO SUSTENTABLE 2014-2020. PRAZO: 31-12-2015

Data: 

martes, 17 Novembro, 2015 (Todo o día) a xoves, 31 Decembro, 2015 (Todo o día)

 

Ministerio de Facenda e Administracións Públicas

Orde HAP/2427/2015, do 13 de novembro, pola que se aproban as bases e a primeira convocatoria para a selección de estratexias de Desenvolvemento Urbano Sustentable e Integrado que serán cofinanciadas mediante o programa operativo FEDER de crecemento sustentable 2014-2020.

Obxectivo.

A presente orde ten un dobre obxectivo:

a) Por unha banda, articular a presentación, e establecer os criterios para a análise e selección de Estratexias de Desenvolvemento Urbano Sustentable Integrado susceptibles de recibir axudas FEDER en 2014-2020, con cargo ao POCS. Estas Estratexias deben contemplar os cinco retos seguintes: económicos, ambientais, climáticos, demográficos e sociais, de acordo co disposto no artigo 7.1 do Regulamento FEDER, para favorecer o desenvolvemento urbano sustentable, de acordo aos principios e orientacións estratéxicas dos Fondos EIE.

b) Doutra banda, as Estratexias constituirán o marco para a posterior selección por parte das Entidades beneficiarias das operacións para desenvolver na cidade ou área funcional definida en cada caso, as cales serán cofinanciados mediante as axudas concedidas a través da presente convocatoria.

Entidades beneficiarias.

1. Para os efectos regulados pola presente orde, terán a condición de entidades beneficiarias os Concellos ou as entidades supramunicipais, preexistentes ou de nova constitución, representantes das áreas funcionais definidas no anexo I que presenten Estratexias DUSI conforme ao disposto nesta convocatoria e que resulten adxudicatarias.

2. A condición de entidades beneficiarias das axudas implica que estas asumen fronte aos Organismos Intermedios de Xestión designados no punto undécimo.2 desta orde, a totalidade de dereitos e obrigacións inherentes a tal condición, nos termos da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións, e do Real Decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei Xeral de Subvencións.

Contía da subvención.

A asignación da axuda, ás estratexias que resulten seleccionadas, estará dentro dos límites de fondos asignados en total á Comunidade Autónoma en que se atopen e farase do seguinte modo:

Para cidades ou áreas funcionais maiores de 50.000 habitantes a axuda máxima a asignar para as operacións para cofinanciar será de 15 millóns de euros, salvo casos excepcionais, debidamente motivados.

Para cidades ou áreas funcionais maiores de 20.000 e menores de 50.000 habitantes, a axuda máxima a asignar para as operacións para cofinanciar será de 5 millóns de euros, salvo casos excepcionais, debidamente motivados.

En todo caso será de aplicación ao artigo 61 e 65 do Regulamento (UE) n.º 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013.

Prazo

O prazo para a presentación de solicitudes será de corenta e cinco días desde a publicación no «Boletín Oficial do Estado» da presente orde.

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon BOE Nº. 275531.67 KB