AXUDAS PARA PROXECTOS DE CONSERVACIÓN, PROTECCIÓN E DIFUSIÓN DE BENS DECLARADOS PATRIMONIO MUNDIAL. PRAZO: 09-05-2015

Data: 

venres, 10 Abril, 2015 (Todo o día) a sábado, 9 Maio, 2015 (Todo o día)

 

Ministerio de Educación, Cultura y Deporte

Resolución do 9 de marzo de 2015, da Secretaría de Estado de Cultura, pola que se convocan axudas para proxectos de conservación, protección e difusión de bens declarados patrimonio mundial, correspondentes ao ano 2015.

Obxecto, finalidade e modalidades de axuda.

1. A Secretaría de Estado de Cultura, de acordo co establecido na Orde ECD/465/2012, do 2 de marzo, de delegación de competencias do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, convoca para 2015 axudas dirixidas á realización de proxectos de conservación, protección e difusión de bens declarados Patrimonio Mundial. As actividades que se acollan a esta convocatoria realizaranse entre o 1 de xaneiro de 2015 e, como máximo, ata o 30 de marzo de 2016.

2. As axudas concederanse en réxime de concorrencia competitiva, e convócanse cos seguintes fins:

a) Favorecer a conservación dos bens declarados Patrimonio Mundial en España, especialmente a de carácter preventivo.

b) Contribuír a unha mellor protección dos bens declarados Patrimonio Mundial en España.

c) Impulsar a difusión e coñecemento dos bens declarados Patrimonio Mundial en España e a Convención de Patrimonio Mundial.

d) Apoiar de xeito especial os proxectos que se refiran aos apartados anteriores e que comprendan dous ou máis Comunidades Autónomas.

e) Apoiar aqueles proxectos que sirvan de marco de actuación a un conxunto amplo de sitios ou bens, ou que formulen solucións e fórmulas que contribúan a mellorar a sostibilidade e as capacidades de xestión do Patrimonio Mundial a nivel xeral.

f) Apoiar aqueles proxectos que axuden a fomentar a función social do patrimonio cultural.

3. As modalidades de axuda obxecto da presente convocatoria son, de acordo coas finalidades anteriormente enunciadas, as seguintes:

a) Actividades de restauración e conservación preventiva que sirvan ao mantemento de elementos patrimoniais que fosen declarados Patrimonio Mundial.

b) Elaboración de plans de xestión dos bens declarados Patrimonio Mundial en España.

c) Redacción de proxectos de execución para actividades que impliquen intervención directa en bens declarados Patrimonio Mundial.

d) Realización de estudos sobre materias relacionadas coa Convención de Patrimonio Mundial e os bens declarados Patrimonio Mundial en España.

e) Organización de encontros, seminarios e congresos en materia de Patrimonio Mundial.

f) Preparación de publicacións cuxo obxecto sexa facilitar información sobre a Convención de Patrimonio Mundial e os bens incluídos na Lista do Patrimonio Mundial.

g) Organización de exposicións e outras accións de difusión dirixidas a favorecer o coñecemento do Patrimonio Mundial.

h) Calquera outra actividade que contribúa a reforzar pautas e modelos de conservación, protección e difusión do Patrimonio Mundial en España.

Beneficiarios e obrigas.

1. Poderán concorrer a esta convocatoria aquelas Corporacións Locais en cuxo ámbito territorial se sitúen bens declarados Patrimonio Mundial pola UNESCO, e que así figuren recollidas expresamente no expediente de declaración da UNESCO, en calquera das súas categorías. Así mesmo, de acordo co previsto no artigo 11.3 da Lei 38/2003, de Subvencións, poderán acceder á condición de beneficiario as agrupacións de Entidades Locais que, reunindo os requisitos anteriormente mencionados, poidan levar a cabo os proxectos obxecto da presente convocatoria.

Entenderase por Corporacións Locais, para os efectos desta convocatoria, todas as entidades mencionadas no artigo 3 da Lei 16/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local.

Así mesmo, poderán solicitar axuda as agrupacións de corporacións locais, organismos e entidades que dependan integramente delas, que, mesmo cando procedan de máis dunha Comunidade Autónoma e aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo os proxectos para os que soliciten estas axudas, de acordo co previsto no artigo 2.2 da Orde CUL/2912/2010, do 10 de novembro, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas en réxime de concorrencia competitiva do Ministerio de Cultura e dos seus organismos públicos.

2. Os beneficiarios, polo só feito de solicitar estas axudas, comprométense a aceptar o contido desta convocatoria e o resultado desta, así como a cumprir as obrigas que se establecen no artigo 14 da LGS.

3. En todos os materiais que se utilicen para a difusión das actividades subvencionadas deberá figurar de forma visible o logotipo do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte-Secretaría de Estado de Cultura, de forma que permita identificar a orixe da axuda. Os interesados poderán solicitar ao órgano instrutor un orixinal deste logotipo.

Imputación orzamentaria e contía.

1. O financiamento das axudas a que se refire o apartado primeiro farase con cargo aos créditos da aplicación orzamentaria 18.11.337C.761 do orzamento de gastos do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte dos Orzamentos Xerais do Estado para 2015. A contía do crédito destinado a esta convocatoria é dun máximo total de 700.400 euros.

2. Para a distribución das axudas terase en conta, xunto ás disponibilidades orzamentarias, o número de solicitudes presentadas.

3. A contía máxima individual das axudas será a necesidade de financiamento declarado polo solicitante, que non poderá superar o 75% do custo total estimado do proxecto. O 25% restante do custo estimado do proxecto poderase financiar tanto con fondos propios e axudas privadas ou públicas compatibles, coma a través da participación de terceiros, debendo quedar debidamente acreditada a súa contía.

Prazo

O prazo de presentación de solicitudes será de trinta días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no «Boletín Oficial do Estado».

A presentación das solicitudes realizarase sempre de conformidade co disposto no artigo 70 da LRJAP-PAC.

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon BOE Nº. 85489.14 KB