AXUDAS PARA A ORGANIZACIÓN DE FESTIVAIS E CERTAMES CINEMATOGRÁFICOS EN ESPAÑA DURANTE O ANO 2017. PRAZO: 03-07-2017

Data: 

mércores, 14 Xuño, 2017 (Todo o día) a luns, 3 Xullo, 2017 (Todo o día)

 

Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Extracto da Resolución do 7 de xuño de 2017, do Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais pola que se convocan axudas para a organización de festivais e certames cinematográficos en España durante o ano 2017. BDNS(Identif.):350222.

Obxecto

Axudas para a organización de festivais ou certames cinematográficos de recoñecido prestixio que se celebren durante o ano 2017 en España e que dediquen especial atención á programación e difusión do cinema español, comunitario, iberoamericano, así como a películas de animación, documentais e curtametraxes.

Beneficiarios

Comunidades Autónomas e organismos e entidades delas dependentes, as entidades públicas que teñan a consideración de Corporacións Locais e organismos e entidades delas dependentes e as persoas xurídicas públicas e privadas e as persoas físicas que cumpran os requisitos establecidos no artigo 5 da Orde ECD/2796/2015 e actúen como promotores dun festival ou certame cinematográfico.

Bases reguladoras

Orde ECD/2796/2015, do 18 de decembro, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas previstas no Capítulo III da Lei 55/2007, do 28 de decembro, do Cinema, e determínase a estrutura do Rexistro Administrativo de Empresas Cinematográficas e Audiovisuais.

Contía

O importe total desta convocatoria ascende á cantidade de: 715.000 euros.

Prazo

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais a partir do día seguinte da publicación deste extracto no Boletín Oficial do Estado.

Descargas: 

galer_a_fotos