AXUDAS PARA A ORGANIZACIÓN DE FESTIVAIS E CERTAMES CINEMATOGRÁFICOS EN ESPAÑA DURANTE O 2020. PRAZO: 21-07-2020

Data: 

xoves, 2 Xullo, 2020 (Todo o día) a martes, 21 Xullo, 2020 (Todo o día)

 

Ministerio de Cultura e Deporte

Extracto da Resolución do 25 de xuño de 2020, do Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais, pola que se convocan axudas para a organización de festivais e certames cinematográficos en España durante o ano 2020. BDNS (Identif.): 512631.

Obxecto

Axudas para a organización de festivais ou certames cinematográficos de recoñecido prestixio que se celebren durante o ano 2020 en España e que dediquen especial atención á programación e difusión do cinema español, comunitario, iberoamericano, así como a películas de animación, documentais e curtametraxes.

Beneficiarios

Comunidades Autónomas e organismos e entidades delas dependentes, entidades públicas que teñan a consideración de Corporacións Locais e organismos e entidades delas dependentes, persoas xurídicas públicas e privadas e persoas físicas que cumpran os requisitos establecidos no artigo 54 da Orde CUD/769/2018, do 17 de xullo, e actúen como promotores dun festival ou certame cinematográfico.

Bases reguladoras

Orde CUD/769/2018, do 17 de xullo, cuxa última modificación foi realizada mediante a Orde CUD/426/2019, do 11 de abril, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas previstas no Capítulo III da Lei 55/2007, do 28 de decembro, do Cinema, e determínase a estrutura do Rexistro Administrativo de Empresas Cinematográficas e Audiovisuais.

Contía

O importe total desta convocatoria ascende á cantidade de: 640.000 euros. A contía individual non poderá superar o 50% dos gastos subvencionables.

Prazo

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais a partir do día seguinte da publicación deste extracto no Boletín Oficial do Estado.

Descargas: