AXUDAS PARA O INVESTIMENTO NA MELLORA DAS INFRAESTRUTURAS E DO EQUIPAMENTO DAS ESCOLAS INFANTÍS 0-3 E DOS PUNTOS DE ATENCIÓN Á INFANCIA (PAI) DEPENDENTES DAS CORPORACIÓNS LOCAIS. PRAZO: 26-08-2016

Data: 

mércores, 27 Xullo, 2016 (Todo o día) a venres, 26 Agosto, 2016 (Todo o día)

 

Consellería de Política Social

Orde do 13 de xullo de 2016 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para o investimento na mellora das infraestruturas e do equipamento das escolas infantís 0-3 e dos puntos de atención á infancia (PAI) dependentes das corporacións locais e se convocan para o ano 2016 (cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020). BDNS (Identif.): 312669.

 

Obxecto

Aprobar as bases reguladoras polas cales se rexerá a concesión de axudas económicas ás corporacións locais para a adecuación e mellora das escolas infantís 0-3 e dos puntos de atención á infancia (PAI) da súa titularidade, a través da realización das obras menores e da compra do equipamento preciso, na consideración de que a calidade das infraestruturas, do mobiliario e dos recursos educativos utilizados é un factor básico de impulso da calidade da atención prestada, así como convocar as ditas axudas para o ano 2016.

Entidades beneficiarias

1. Poderán optar a estas axudas as corporacións locais da Comunidade Autónoma de Galicia que se encontren nun dos supostos seguintes:

a) Ter en funcionamento unha escola infantil 0-3 ou un punto de atención á infancia da súa titularidade.

b) Ter unha escola infantil 0-3 ou un punto de atención á infancia da súa titularidade que unicamente dependa da dotación de equipamento para ser posto en marcha no curso 2016/17.

Importe

Para as axudas obxecto desta convocatoria destínase un orzamento total dun millón cincocentos mil euros (1.500.000 €), que se imputará á aplicación orzamentaria 12.02.312B.760.0.

Concederase ata o 100 % do investimento subvencionable e unha contía máxima por cada centro de 20.000 euros para as actuacións destinadas á realización de obras e de 15.000 euros para as destinadas á compra de equipamento e mais á integración das novas tecnoloxías na aula.

Cada concello poderá percibir unha axuda máxima de 35.000 euros, con independencia do número de centros para os cales presente solicitude.

Prazo

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon DOG Nº. 140775.09 KB
PDF icon DOG Nº. 140 - EXTRACTO428.27 KB