AXUDAS PARA O FINANCIAMENTO DE ACTUACIÓNS EN MATERIA DE RESIDUOS DE COMPETENCIA MUNICIPAL. PRAZO: 13-06-2020

Data: 

xoves, 14 Maio, 2020 (Todo o día) a sábado, 13 Xuño, 2020 (Todo o día)

 

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

Orde do 5 de maio de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para os anos 2020-2021 (código de procedemento MT975I). BDNS (Identif.): 505067.

Obxecto

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión de axudas, polo procedemento de concorrencia competitiva, ás entidades locais municipais e supramunicipais e agrupación de entidades locais para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal.

Entidades beneficiarias

Entidades locais municipais e supramunicipais e agrupacións de entidades locais de Galicia, de conformidade coas competencias que lles correspondan en materia de xestión de residuos.

Serán subvencionables:

1. Liña 1-actuacións destinadas a favorecer a prevención, adecuada recollida, clasificación e preparación para a reutilización de residuos domésticos que teñan por finalidade:

a) Adquisición de puntos limpos móbiles para a mellora e ampliación dos servizos prestados pola rede galega de puntos limpos existentes na nosa comunidade autónoma, para a xestión de residuos especiais de competencia municipal.

b) A posta á disposición da cidadanía de espazos de autorreparación e intercambio de obxectos e utensilios diversos (mobles, roupa, pequenos electrodomésticos, xoguetes, ...) para conformar unha rede galega de establecementos públicos destinados á preparación para a reutilización, coa finalidade de alongar a vida útil dos materiais e obxectos, previndo a xeración de residuos domésticos.

2. Liña 2: actuacións destinadas á prevención, recollida separada e valorización dos biorresiduos destinadas a:

a) O fomento da compostaxe in situ.

b) Recollida separada da fracción orgánica dos residuos municipais.

O período subvencionable para esta convocatoria será:

a) Entre o 1 de xaneiro e o 30 de novembro de 2020, para os proxectos que se imputen ao orzamento correspondente á anualidade 2020.

b) Entre o 1 de xaneiro e o 30 de novembro de 2021, para os proxectos que se imputen ao orzamento correspondente á anualidade 2021.

Contía

A contía global da convocatoria é de 4.163.113 €, coa seguinte distribución:

1) Importe máximo para a anualidade 2020: 2.448.890 € distribuídos nun 30 % para a liña 1 (734.667 €) e un 70 % para a liña 2 (1.714.223 €).

2) Importe máximo para a anualidade 2021: 1.714.223 € distribuídos nun 30 % para a liña 1 (514.266,90 €) e un 70 % para a liña 2 (1.199.956,10 €).

As actuacións están cofinanciadas nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Prazo 

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Descargas: