AXUDAS PARA O ESTABLECEMENTO DE SISTEMAS AGROFORESTAIS, COFINANCIADAS CO FEADER NO MARCO DO PROGRAMA DE DESENVOLVEMENTO RURAL DE GALICIA 2014-2020. PRAZO: 27-07-2016

Data: 

martes, 28 Xuño, 2016 (Todo o día) a mércores, 27 Xullo, 2016 (Todo o día)

 

Consellería do Medio Rural 

ORDE do 22 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o establecemento de sistemas agroforestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se convocan para o exercicio orzamentario 2016. BDNS (Identif.): 309866.

 

Obxecto

Esta orde ten por obxecto establecer as bases que regulan as axudas para o establecemento de sistemas agroforestais, para o fomento de plantacións de castiñeiro para froito (procedemento MR674A), en réxime de concorrencia competitiva, e proceder á súa convocatoria para o exercicio orzamentario 2016.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios das axudas previstas nesta orde as sociedades de fomento forestal, os propietarios particulares de forma individual, as sociedades ou agrupacións de propietarios particulares legalmente constituídas e inscritas no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia, as cooperativas agrarias, os pro-indivisos, os de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, as comunidades de bens, as entidades locais, outras persoas xurídicas ou as comunidades de montes veciñais en man común (CMVMC).

Ámbito de aplicación

Serán elixibles as actuacións localizadas en todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, a excepción das parroquias densamente poboadas dos grandes concellos de Galicia, de acordo co establecido no apartado 8.1 do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e con exclusión:

a) Dos bosques ou outras superficies forestais que sexan propiedade da Administración central ou autonómica.

b) Dos bosques e outras superficies forestais propiedade da Coroa.

c) Dos bosques que pertenzan a empresas públicas.

d) Dos bosques propiedade de persoas xurídicas cando polo menos o 50 % do seu capital pertenza a algunha das institucións anteriormente citadas.

Tipos de superficies obxecto de axuda

1. Poderán ser obxecto de axuda todo tipo de terreos que estean identificados no Sistema de identificación xeográfica de parcelas agrícolas (Sixpac) nos cales a normativa sectorial (urbanística, ambiental, de augas, de patrimonio, etc.) o permita e que estean identificados no Sistema de identificación xeográfica de parcelas agrícolas (Sixpac) como:

– Forestal (FO).

– Pasto con arboredo (PA).

– Pasto arbustivo (PR).

– Improdutivo (código IM).

– Pasteiro (código PS).

– Froiteiras (código FY).

– Terra arable (TA).

2. En todo caso, será de aplicación o disposto no Real decreto 1077/2014, do 19 de decembro polo que se regula o sistema de información xeográfica de parcelas agrícolas.

3. Nas zonas de monte ou terreo forestal en que se implantará castiñeiro, deberá cumprirse o establecido na Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e a normativa de desenvolvemento, especialmente no referente a contar cun instrumento de ordenación ou xestión forestal ou instrumento equivalente conforme o artigo 77 e 8.18 da citada lei e no prazo que establece a disposición transitoria sexta da Lei 7/2012.

4. Non se poderá obter axuda sobre hábitats prioritarios.

Importe

1. As accións previstas nesta orde financiaranse no exercicio do ano 2016 con cargo á seguinte aplicación orzamentaria:

– Ano 2016: 2.640.427,00 € na aplicación orzamentaria 13.02.713B.770.0, CP 2016 00208.

2. Este orzamento pode verse incrementado con remanentes adicionais, de acordo coas dispoñibilidades de crédito ou como consecuencia de xeración, ampliación ou incorporación de créditos procedentes desta ou doutras administracións. En todo caso, as concesións limitaranse ás dispoñibilidades orzamentarias.

3. Estas axudas financiaranse con cargo ao Programa de desenvolvemento rural de Galicia, cunha achega do Feader do 75 %, do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente do 7,5 % e da Xunta de Galicia do 17,5 %.

Prazo

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria.

Descargas: