AXUDAS PARA A ASISTENCIA TÉCNICA NA ELABORACIÓN DE ESTRATEXIAS DE SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL COA FINALIDADE DE INTEGRAR A ADAPTACIÓN AO CAMBIO CLIMÁTICO NA XESTIÓN E PLANIFICACIÓN PÚBLICAS. PRAZO: 21-06-2016

Data: 

mércores, 4 Maio, 2016 (Todo o día) a martes, 21 Xuño, 2016 (Todo o día)

 

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ORDE do 26 de abril de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a asistencia técnica na elaboración de estratexias de sustentabilidade ambiental coa finalidade de integrar a adaptación ao cambio climático na xestión e planificación públicas, e se fai pública a súa convocatoria para o ano 2016, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. BDNS (Identif.): 304939.

Obxecto

A asistencia técnica na elaboración de estratexias de sustentabilidade ambiental coa finalidade de integrar a adaptación ao cambio climático na xestión e planificación públicas, entendendo por tales, aquelas que contribúan a mellorar o comportamento das entidades locais fronte ao cambio climático, con base no estado ambiental actual (enerxía, residuos, sectores produtivos, ecosistemas singulares, cidadanía), e que axuden á definición das mellores opcións de adaptación ao cambio climático.

________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________

IMPORTANTE:  Deste xeito, aqueles concellos que teñen a obriga de redactar ou actualizar o seu Plan de actuación municipal ante o risco de inundacións, ou ben, Plan de actuación municipal ante o risco de incendios forestais, ou ámbolos dous,  poden acollerse noa estas axudas para asistencia técnica.

Os plans de actuación municipal son aqueles que se elaboran para riscos concretos, e que establecen a organización e actuación dos recursos e servizos propios para facerlle fronte ás emerxencias.

Poden consultar a relación de concellos con obriga ou recomendación de elaborar os seus PAM de incendios nos pdf que se achegan. 

Para calquera dúbida ou información técnica que precise en relación cos Plans de acción municipal, poderá poñerse en contacto coa Subdirección Xeral de Planificación e Protección Civil, da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, no teléfono 981 546 025.

________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________

 

Persoas beneficiarias

Entidades locais e/ou agrupacións de entidades locais cuxa poboación, de maneira individual, sexa inferior aos 20.000 habitantes.

Bases reguladoras e convocatoria

Orde do 26 de abril de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a asistencia técnica na elaboración de estratexias de sustentabilidade ambiental coa finalidade de integrar a adaptación ao cambio climático na xestión e planificación públicas, e se fai pública a súa convocatoria para o ano 2016, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Contía

A contía global da convocatoria é de 1.380.000 euros. As actuacións están cofinanciadas nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Finánciase o 70 % do proxecto cun importe máximo de 4.500 euros por entidade solicitante. Non obstante, no caso de agrupación de entidades, o dito importe máximo multiplicarase polo número de concellos participantes, ata un máximo de 15.000 euros.

Prazo: 21-06-2016

IMPORTANTE: O prazo, que inicialmente remataba o día 3 de xuño, amplíase ata o 21 de xuño.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

 

Descargas: