AXUDAS DO PROGRAMA OPERATIVO DE EMPREGO, FORMACIÓN E EDUCACIÓN, DESTINADAS Á INSERCIÓN DAS PERSOAS MÁIS VULNERABLES. PRAZO: 25-06-2018

Data: 

luns, 30 Abril, 2018 (Todo o día) a luns, 25 Xuño, 2018 (Todo o día)

 

Ministerio da Presidencia e para as Administracións Territoriais

Orde PRA/37/2018, do 16 de xaneiro, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas do Fondo Social Europeo, previstas no Programa Operativo de Emprego, Formación e Educación, destinadas a entidades locais para a inserción das persoas máis vulnerables. BDNS (Identif.): 395506.

Obxecto e finalidade 

1. As presentes bases teñen por obxecto regular a concesión das axudas previstas no Eixo Prioritario 2 do Programa Operativo de Emprego, Formación e Educación ( POEFE) do Fondo Social Europeo ( FSE), destinadas ás Entidades Locais para cofinanciar iniciativas ou proxectos no ámbito da inclusión social, loita contra a pobreza e a discriminación (en diante AP- POEFE).

2. A finalidade destas axudas é mellorar a inserción socio-laboral de persoas en situación ou risco de exclusión social, a través da activación e de itinerarios integrados e personalizados de inserción.

Entidades beneficiarias 

1. Poderán participar nas convocatorias e resultar beneficiarias das axudas, sempre que cumpran cos requisitos legais, as seguintes Entidades:

a) Os Concellos de municipios con poboación superior a 20.000 habitantes.
b) As Deputacións, os Cabidos e Consellos Insulares, así como as Comunidades Autónomas uniprovinciais no exercicio das competencias que corresponden á Deputacións Provinciais.
c) Os Organismos autónomos dependentes dalgunha das entidades indicadas nas letras anteriores.

2. Para determinar a cifra de habitantes tomarase como referencia o Real Decreto do Consello de Ministros, polo que se declaren oficiais as cifras de poboación resultante da revisión padronal, vixente á data de entrada en vigor da correspondente convocatoria.

3. As referencias dirixidas ás entidades locais nas presentes bases reguladoras, entenderanse feitas igualmente ás Comunidades Autónomas uniprovinciais que exerzan as competencias das Deputacións.

4. A condición de beneficiario da axuda implica que asumen fronte ao organismo intermedio a totalidade de dereitos e obrigacións inherentes a tal condición, nos termos da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións e o seu Regulamento, aprobado mediante Real Decreto 887/2006, do 21 de xullo.

5. Non poderán ser beneficiarias das axudas as Entidades nas que concorra algunha das circunstancias relacionadas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

Crédito dispoñible

O importe máximo do crédito dispoñible para financiar as subvencións previstas nesta convocatoria, para todo o territorio nacional, é de 184.000.000 de euros, procedentes de recursos do Fondo Social Europeo para o período de intervención 2014-2020. O anexo I da convocatoria inclúe a distribución do devandito importe por categoría de rexión e a correspondente taxa de cofinanciación.

O procedemento de concesión das axudas é de concorrencia competitiva.

O crédito total da axuda distribuirase entre as solicitudes que resulten admitidas, atendendo á puntuación que obteñan os proxectos no proceso de valoración, segundo os criterios establecidos nas Bases Reguladoras.

Prazo

As solicitudes de subvención presentaranse no prazo de 40 días, contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da presente convocatoria no "Boletín Oficial do Estado". A efectos do cómputo de prazos, serán considerados días inhábiles os así declarados para todo o territorio nacional no calendario de días inhábiles aprobado pola Administración Xeral do Estado, sen que resulten de aplicación as regras de reciprocidade previstas no artigo 30.6 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Forma de presentación das solicitudes 

A presentación das solicitudes efectuarase exclusivamente por vía electrónica a través da aplicación AP- POEFE do portal da internet da Secretaría de Estado para as Administracións Territoriais, www.seat.mpr.gob.es seguindo as ligazóns que nel figuran e con arranxo ás normas e aos modelos electrónicos que se recollen nas súas páxinas.

 

 

Descargas: