ACORDO MARCO FEGAMP- CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL EN RELACION AO CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR

A Fegamp e a Consellería de Política Social consideran que a fórmula consorcial é un modelo perfectamente válido para seguir prestando e cofinanciando servizos socias de maneira conxunta e coordinada entre a Administración Autonómica e a Administración Local. Así se recolle no artigo 64 da vixente Lei 13/2008 de Servizos Sociais de Galicia, que establece que "A Xunta de Galicia promoverá unha efectiva coordinación e cooperación cos concellos co fin de asegurar a calidade e unha cobertura equilibrada dos servizos sociais en todo o territorio, especialmente no que atinxe á creación e ao mantemento de servizos sociais comunitarios específicos'. Para estes efectos, no apartado 2 sinálase que "a Xunta de Galicia promoverá fórmulas de cooperación interadministrativa de natureza consorcial", e na propia Disposición Adicional 2ª se fai referencia expresa ao Consorcio Galego de Servizos de lgualdade e Benestar aos efectos e para o cumprimento deses obxectivos.

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon Texto do convenio1.27 MB