6º SEMINARIO ESTATAL DE COMPOSTAXE DOMÉSTICA E COMUNITARIA

Data: 

xoves, 20 Outubro, 2016 (Todo o día) a venres, 21 Outubro, 2016 (Todo o día)

Durante os últimos sete anos a rede estatal "Composta en Red" organizou cinco seminarios nos que se deron a coñecer diversas experiencias exitosas de compostaxe a todos os níveis de complexidade. Ademais de achegarse a diferentes temas foise profundizando en distintos aspectos da compostaxe doméstica e comunitaria.  

Neste sexto seminario pretenden centrarse nos seguintes temas:  

  • Experiencias integrais de xestión de residuos a través da compostaxe.
  • A pegada de carbono que producen os residuos ao viaxar.
  • Avances na investigación dos procesos e proxectos de compostaxe doméstica e comunitaria.

Lugar: Pazo da Cultura do concello de Pontevedra, Rúa Alexandre Bóveda s/n, 36005 Pontevedra 
Datas: 20 e 21 de outubro 
Destinatarios/as: Responsábeis e técnicos/as de entidades locais, asociacións ou empresas ligadas á compostaxe doméstica e comunitaria. Estudantes. 

Inscrición: De balde. Prazas limitadas ao aforo do salón de actos e do autobús nas visitas técnicas. 
Imprescindíbel inscribirse en www.compostaenred.org
Poderase reservar o xantar para o día 20 e o custo será de 15€+IVE que haberá que abonar ao longo da mañá na secretaría do seminario.

Programa

20 DE OUTUBRO, XOVES 

9.00 Entrega da documentación e acollida.
9.10 presentación e apertura do seminario.

Palestras marco:
10.00 Ana Rodríguez Cruz (MAGRAMA). Os biorresiduos no Plan Estatal Marco de Gestión de Residuos (PEMAR).
10.20 Bernardo Varela (Concello de Allariz). Presentación do proxecto de Allariz.
10.40 Carlos Pérez (Deputación de Pontevedra). Presentación dos proxectos da Deputación de Pontevedra.
11.20 Debate.
11.40 Descanso.

Experienias exitosas de compostaxe comunitaria (mesa redonda):
12.00 Ramón Plana (Mestre compostador) Agrocompostaxe descentralizado de biorresiduos: A experiencia austríaca. 
12.40 Alfonso Amorena (Manc. da Comarca de Pamplona. 10 anos de compostaxe domestica e comunitaria da comarca de Pamplona. 
13.20 Mattin Aldaia (concello de Hernani). A compostaxe en Hernani. 
13.45 Debate. 
14.30 Descanso-xantar.

Proxectos innovadores: 
16.00 Ramón Linaza (Concello de Madrid). Proyecto Agrocomposta. 
16.20 Javier Vázquez (Concello de Santiago de Compostela). Compostaxe comunitaria “gamificada”.
16.40 Secundino García (concello de San Sadurniño). Porta a porta rural de San Sadurniño.  
17.00 María Durán (Amigos da Terra). Recollida selectiva e compostaxe: Comparativa dos modelos.  
17.20 María Rodríguez Lafuente (ADEGA). A educación ambiental nos proxectos de compostaxe. 
17.40 Debate. 
18.00 Descanso.
18.20 Sergio Quiroga (Ecocelta). Experiencia ECOCELTA. 
18.40 Joseba Arizmendiarrieta. (LUAR Ingurumena Environmental Consultancy). Dispositivo de descarga de restos orgánicos domiciliarios. 
19.00 Francesco Storino (UPNA). Implementación dunha ferramenta para a divulgación do uso do compost procedente de áreas de compostaxe comunitaria
19.20 Debate.
19.30 Despedida e peche do seminario. 

21 DE OUTUBRO, VENRES

Visitas técnicas:  
- Proxecto de Allariz 
- Proxecto de la Deputación de Pontevedra  

Durante o seminario exhibirase a “Exposición sobre a compostaxe e o compost; Dende a teoría á práctica“.

Ligazóns

Descargas