14ª EDICIÓN "VACACIÓNS CON TRABALLO" - FONDO GALEGO DE COOPERACIÓN E SOLIDARIEDADE

Data: 

domingo, 26 Maio, 2019 (Todo o día)
Cartel vacacións con traballo 2019 - FGCS

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, do que fan parte 100 administracións locais de Galicia, lanza a 14ª edición de Vacacións con Traballo, o programa de voluntariado internacional dirixido ao persoal dos concellos e deputacións socias e, este ano, tamén da Xunta de Galicia e mancomunidades.

Vacacións con Traballo é un programa de cooperación técnica e sensibilización, partindo da base de que o know how das administracións é unha das ferramentas máis potentes e específicas.

Ata hoxe, viaxaron a través do programa 44 persoas, que xenerosamente e na maioría dos casos ofreceron o seu mes de vacacións para cooperar, desprazáronse aos países onde o Fondo Galego ten presenza estratéxica, contribuíndo así á mellora da calidade de vida da poboación e xerando fluxos de coñecemento compartido, ideas e contactos. 

Enténdese coma un programa de dobre dirección onde ambas partes aprenden, e onde a implicación das/dos candidatas/os é imprescindible.Os perfís requiridos para colaborar 1 mes cos nosos parceiros son os seguintes:

MOZAMBIQUE

Fundação Encontro

- Técnica/o ambiental (prioritario)

- Educador/a infantil

Municipios de Boane e Manhiça

- Técnica/o de finanzas municipais (prioritario)

- Técnica/o de deportes

CABO VERDE

Municipio de Santa Cruz

- Técnica/o de desenvolvemento local (prioritario) 

- Técnica/o agrónoma/o

Pode descargar en pdf as bases e a ficha de solicitude e a cartelería. A ter en conta que se pode solicitar unha licenza específica para participar no programa mantendo o salario sen necesidade de gastar as vacacións. O prazo para presentar as candidaturas permanecerá aberto ata o 26 de maio.

Máis información : http://www.fondogalego.org/web/node/3376 

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon Bases da convocatoria 2019222.24 KB
PDF icon Ficha de solicitude180.32 KB
Image icon Cartel Cabo Verde445.86 KB
Image icon Cartel Mozambique453.71 KB