Actividades

30/01/2018 a 02/02/2018 

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade convida a todas as Entidades Locais a participar nas xuntanzas da Rede Municipalista Solidaria (RMS) , que está composta por todas as persoas que exercen a representación técnica e política dos Concellos/Deputacións sociais perante o Fondo Galego.... Ler máis

26/01/2018 

A consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio está a tramitar o Plan Básico Autonómico, que é o instrumento de planeamento urbanístico que ten por obxecto delimitar no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, as afeccións derivadas da lexislación sectorial e identificar os... Ler máis

24/01/2018 a 23/02/2018 

No marco da Estratexia da Paisaxe Galega, a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, en colaboración co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, elaborou unha Guía de cores e materiais de Galicia, que ten por obxecto proporcionar uns criterios e directrices técnicas e... Ler máis

24/01/2018 

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organiza, en colaboración coa Fegamp, unha xornada informativa sobre novas vías de axilización dos trámites administrativos en relación aos expedientes de bens patrimoniais, que se abren co desenvolvemento do novo marco normativo... Ler máis

17/01/2018 a 08/02/2018 

O Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG) ten entre os seus obxectivos recoñecer as mellores traxectorias no fomento e implantación de boas prácticas no campo da enerxía, así como as contribucións realizadas polos profesionais ou entidades. É por elo, que convoca e... Ler máis

11/01/2018 a 24/01/2018 

O día 1 de xaneiro de 2018 iniciouse o prazo de presentación da declaración Resumo anual de retencións e ingresos a conta do Imposto sobre a Renda das Personas Físicas correspondente ao exercicio 2017 (modelo 190) e doutras declaracións informativas.

A correcta cumprimentación destas... Ler máis

09/01/2018 

O pasado 22 de novembro publicouse no Diario Oficial de Galicia o DECRETO 115/2017, do 17 de novembro, polo que se regula a cooperación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia cos concellos na selección dos membros dos corpos de policía local, vixilantes municipais e auxiliares... Ler máis

11/12/2017 

Esta Xornada organizada polo Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio , terá lugar o vindeiro luns 11 de decembro de 2017, no salón de convencións do Edificio CINC da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.

Pode consultar a Guía... Ler máis

28/11/2017 

A Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato Otero, comprácese en convidalo á xornada sobre o "Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía", que se celebrará o martes 28 de novembro ás 10 horas no Palexco, da cidade de A Coruna.

O Pacto dos... Ler máis

26/11/2017 

A Secretaría Xeral da Igualdade organiza a V Andaina contra a violencia de xénero “Camiño ao respecto”, que se celebrará o día 26 de novembro en Santiago de Compostela, co gallo do 25 de novembro, Día internacional contra a violencia de xénero.
Saída: 11.00... Ler máis

Páxinas